top of page

MANIFIESTO NA DEFENSA DAPRAZA DE ABASTOS DE LUGO E O MERCADO DE QUIROGA BALLESTEROS



Os atrás asinantes, profesionais que desenvolven a súa actividade na Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros, consideran que a nota de prensa publicada recentemente sobre a limpeza de desaugadoiros na Praza é moi desafortunada, e que é a pinga que colma o vaso da actitude que vén mantendo por parte do Goberno Local.


Na nota publicada responsabilízase aos titulares dos postos da Praza e o Mercado pola falta de limpeza dos sumidoiros, cando o seu mantemento e aseo corresponde ao Concello de Lugo, titular do edificio.


Por outra banda, está a darse a entender que os industriais destes espazos non teñen en consideración a hixiene e salubridade de Praza e Mercado. Parécenos unha acusación moi grave, xa que o principal desvelo dos titulares dos postos é mantelos en perfectas condicións, o que é fácil de comprobar polas continuas inspeccións sanitarias que se superan con total normalidade.

Lanzar dúbidas sobre un tema tan sumamente sensible nun espazo dedicado á alimentación, e máis vindo de quen é responsables do seu mantemento parécenos, ademais dun ataque infundado, unha temeridade que pode crear alarma entre a poboación sen o menor respaldo da realidade.


Precisamente é o traballo continuado e a dedicación dos industriais da Praza e o Mercado o que mantén a frote estes espazos a pesar da nula colaboración por parte do goberno local, que sistematicamente se opón a calquera medida solicitada polos afectados.

En lugar da sa actitude construtiva e participativa que sería lóxico esperar dos servidores públicos, a relación que manteñen cos placeiros é mediante decretos, endurecendo día a día as condicións do traballo e dificultando a supervivencia dos postos.


Por todo iso, manifestamos o noso total rexeitamento ás formas dos representantes do Goberno Local e esiximos unha desculpa pública polas dúbidas lanzadas sobre a nosa profesionalidade e a atención á hixiene e saúde pública.


Así mesmo, solicitamos un cambio de actitude por parte deste goberno.


En Lugo, a 13 de setembro de 2024

Escrito asinado por 32 profesionais

da Praza de Abastos de Lugo e o Mercado de Quiroga Ballesteros

コメント


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page